FESTA DO SAN BRAIS DE BEMBRIVE
No Camiño de Santiago
Localización
Parroquia: Bembrive (Santiago)
36313 Vigo - Pontevedra
Coordenadas: 42º 12' 13.6" N - 8º 41' 11.9" W
Descrición
A Entidade Local Menor de Bembrive acolle desde hai máis de 350 anos a que está considerada como unha das festas máis populares de Galicia: o San Brais de Bembrive. Trátase dunha festividade de transmisión interxeracional na que, cada 3 de febreiro, se xuntan devotos do Santo, así como da música ou da gastronomía. Entre os elementos que definen esta festa destaca a romaría, o rito de poñer unha cancea ao Santo contas os males da gorxa, desfrutar do viño nos furanchos ou comer a cachucha do porco. É de salientar tamén a tradición musical na zona con grupos de acordeóns, corais, tunas, folk, baile tradicional, pandeireteiras e gaitas.
Destacado:
Degustación de viño nos furanchos
Outras características
Relixiosas
Camiños de Santiago
Camiño Portugués da costa