PONTE ROMANA DE PRADOALBAR
No Camiño de Santiago
Localización
Parroquia: Pradoalbar (Santo André)
Lugar: Pradoalbar
32557 Vilariño de Conso - Ourense
Coordenadas: 42º 10' 24.4" N - 7º 17' 20.4" W
Descrición
A Ponte Romana de Pradoalbar: Ponte dun arco de aparello irregular feita con cachotes de lousa, rocha típica da zona, construída sobre o río Cerveira, para converterse no seu paso por debaixo dela no río Conso. A súa orixe pérdese no tempo, dado que ´r paso obrigado para chegar ao Castelo de Cerveira, por unha calzada de semellantes características, a súa construción atribúese aos romanos, tanto os veciños como algúns estudiosos, así o afirman.
Acceso
O acceso é a través dun camiño, en estado regular, que sae do pobo de Pradoalbar cara a serra e o Castelo de Cerveira.
Camiños de Santiago
Vía da Prata