PONTE O ÉZARO
No Camiño de Santiago
Localización
Parroquia: O Ézaro (Santa Uxía)
Lugar: O Ézaro
15297 Dumbría - A Coruña
Coordenadas: 42º 54' 19.2" N - 9º 07' 32.0" W
Descrición
A construción da ponte xorde como consecuencia dun fatídico suceso acontecido en xaneiro de 1902 ao falecer 23 persoas afogadas ao envorcar a barca na que cruzaban este tramo do río. Foi moito máis tarde, en setembro de 1951 cando se inaugurou a ponte do Ézaro.
Obra de cantería en ámbolos dous estribos, sustentados sobre cimentos que superan os 25m de profundidade.
É aquí onde o río, Ézaro ou Xallas, deixa de ser río para converterse en mar, Océano Atlántico.

Acceso
Saír da capital municipal do Concello de Dumbría pola estrada DP-3404 dirección NO, no cruce coller á esquerda pola AC-552 dirección Cee – Fisterra. Xa en Cee, xirar á esquerda pola AC-550 dirección Muros. Cara o final do pobo do Ézaro, no límite co Pindo está a Ponte O Ézaro.
Camiños de Santiago
Camiño de Fisterra-Muxía