CASA-TORRE MASEDA
No Camiño de Santiago
Localización
Parroquia: A Devesa (Santalla)
Lugar: O Rato
Estrada N-634
27715 Ribadeo - Lugo
Coordenadas: 43º 32' 50.9" N - 7º 07' 21.9" W
Descrición
Excepcional exemplar de arquitectura residencial indiana construída en 1924 por orde de don Ramón Maseda Villamil, esta vivenda álzase xunto ao vial, cun espazo intermedio a xeito de beirarrúa "privada", aínda que para acceder ao terreo hai que franquear un peche. Sobresaíndo da fachada principal érguese unha torre cadrada rematada nun miradoiro coroado por unha balaustrada. A nivel decorativo destacan así mesmo, as fiestras da fachada dianteira rematadas nun arco de medio punto e a decoración do sotabanco que oculta o tellado e as pluviais da casa. No xardín traseiro destaca a presencia da típica palmeira así como un alxibe para o almacenamento das augas pluviais.
Forma parte da Ruta dos Indianos polas parroquias.
Forma parte da Ruta dos Indianos polas parroquias.
Acceso
Partindo de Ribadeo cara á Coruña pola estrada nacional 634, a uns 6Km da vila, á man dereita atoparemos esta edificación.
Camiños de Santiago
Camiño do Norte