MIRADOIRO A CAEIRA

No Camiño de Santiago
No Camiño de Santiago

Miradoiro

Localización

Pontevedra

Poio | Poio

Coordenadas: 42º 26' 30.6" N - 8º 39' 41.4" W


Descrición

Algunhas das mellores vistas da cidade do Lérez poden ser atopadas na Caeira. Localizado no linde entre os concellos de Pontevedra e Poio, A Caeira é máis que un miradoiro.
O barrio da Caeira é unha zona residencial que conta con fermosas vistas sobre Pontevedra e a súa ría. Na parte alta, con acceso rodado, un miradoiro permite unha completa vista panorámica da paisaxe urbana da capital pontevedresa, con especial significación para as pontes sobre o río Lérez e que serven de mostra da evolución da cidade, dende a Ponte do Burgo, pola que transcorre o Camiño Portugués, pasando pola Ponte da Barca e a moderna e rupturista Ponte dos Tirantes.
A Área Arqueolóxica da Caeira permite realizar unha visita ordenada ao conxunto de petróglifos - gravados rupestres - da Idade do Bronce atopados nesta zona. Para evitar a pendente, unha pasarela de madeira ascende zigzagueante e permite percorrer devagar o conxunto patrimonial mentres se goza das extraordinarias vistas.


Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa

MIRADOIRO A CAEIRA

cargando mapa...

Descargue as coordenadas do recurso que lle presentamos ...

> Clic aquí para ter axuda sobre a descarga nos diferentes formatos