CAPELA DE SAN PEDRO DE VILAS
No Camiño de Santiago
Localización
Parroquia: Asados (Santa María)
Lugar: Vilas
15984 Rianxo - A Coruña
Coordenadas: 42º 39' 51.0" N - 8º 47' 39.3" W
Descrición
Pequena capela situada nun monte preto da aldea de Vilas, na parroquia de Asados, e que foi reconstruída no ano 1671. Ten uns 10 metros de lonxitude e tellado a dúas augas, con dous corpos de nave e altar unidos con arcos de medio punto. No interior, o teito é de madeira. A uns metros nace a fonte “da tixola”, chamada así pola forma da pía que hai no chan. O día de celebración da romaría, actualmente un sábado próximo ao día de san Pedro, tráese o santo para celebrar as misas.
Acceso
Dende a praza de Castelao saímos cara á rúa Rosalía de Castro e na rotonda collemos a segunda saída pola estrada DP-3301 cara a Asados. Continuamos pola DP-7201 e na seguinte rotonda tomamos a primeira saída pola DP-7202. Na parroquia de Asados podemos seguir en dirección á capela pasando pola Barraca ou por Vilas (desvíos á dereita), e despois destas aldeas, a través de pistas sen asfaltar, atoparemos a capela no medio do monte.
Camiños de Santiago
Ruta do Mar de Arousa e Ulla