CAPELA DE SAN XOÁN BAUTISTA
No Camiño de Santiago
Localización
Parroquia: Taragoña (San Salvador)
Lugar: Iñobre
15985 Rianxo - A Coruña
Coordenadas: 42º 40' 09.6" N - 8º 49' 26.9" W
Descrición
Pertencía antigamente ao Pazo de Vista Real dos Caamaño, xa desaparecido, e hoxe é de propiedade particular. A disposición é dun único corpo con bóveda de canón, con cuberta a dúas augas. Foi posiblemente reconstruída sobre unha ermida anterior no ano 1625. Na fachada contén os escudos dos Soutomaior, Caamaño e Mendoza. Cóntase que a campá se vendeu a outra capela e aos tres días fendeu, polo que non tocaría máis.
Acceso
Dende a praza de Castelao saímos cara á rúa Rosalía de Castro e na rotonda collemos a segunda saída pola estrada DP-3301 cara a Taragoña. Continuamos pola DP-7201 e na seguinte rotonda tomamos a primeira saída pola DP-7202. No lugar do Pazo colleremos un desvío á esquerda, para seguir pola DP-7203, que nos leva a Taragoña. Alí viraremos á esquerda pola AC-305 e a uns 150 m, en Campo de Pasos, collemos á esquerda cara á aldea de Castriño, pasamos o lugar de Senra e a continuación estaremos en Iñobre, onde se atopa a capela.
Camiños de Santiago
Ruta do Mar de Arousa e Ulla