MONTE DO FACHO

No Camiño de Santiago
No Camiño de Santiago

Miradoiro

Localización

Parroquia: Fisterra (Santa María)

Rúa: Estrada do Faro

15155  Fisterra - A Coruña

Coordenadas: 42º 53' 35.0" N - 9º 16' 25.3" W


Descrición

O cabo Fisterra é un lugar mítico do occidente europeo, a fin do mundo para os romanos e o punto último de chegada dos peregrinos que realizan o Camiño Fisterra-Muxía. Pero na base do cabo, un monte ascende até os 240 metros co nome de Facho, significativa referencia aos vellos sinais que se lles facían aos barcos dende lugares visibles e elevados como a Casa do Facho, antiga construción aínda visible.

Dende o monte Facho a inmensidade do Atlántico empequenece ao cabo Fisterra, co seu faro ergueito sobre un promontorio e facendo fronte ao océano. A localización litoral fai que a vexetación se reduza a matogueiras e a algún piñeiro que aguanta estoico o zoar dos ventos.


Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía



MONTE DO FACHO

cargando mapa...

Descargue as coordenadas do recurso que lle presentamos ...

> Clic aquí para ter axuda sobre a descarga nos diferentes formatos