A CUROTIÑA
No Camiño de Santiago
Localización
15940 A Pobra do Caramiñal - A Coruña
Coordenadas: 42º 37' 33.2" N - 8º 57' 35.3" W
Descrición
Dende este miradoiro, poderemos contemplar, sen dúbida, unha das mellores panorámicas de Galicia. Destacan as vistas á ría da Arousa, cos seus polígonos de bateas perfectamente aliñados os cales, co paso dos anos, pasaron a facer parte da nosa paisaxe; a illa de Sálvora, protexendo solemnemente a bocana da ría; e, se o día está moi claro, pódense ver tamén as illas de Ons e Cíes e o monte de Santa Trega, xa case na fronteira con Portugal.
Acceso
Ata as inmediacións do miradoiro pódese chegar en coche ou en autobús. A continuación, é necesario subir unhas escaleiras para acceder á súa parte máis alta e poder contemplar as vistas. Non é aconsellable para persoas con mobilidade reducida.
Camiños de Santiago
Ruta do Mar de Arousa e Ulla