Os produtos, servizos expostos no Portal "www.caminodesantiago.gal" son produtos e servizos ofertados por terceiras empresas alleas á Axencia de Turismo de Galicia, salvo que expresamente se indique o contrario. A Axencia Turismo de Galicia limítase a prestar un servizo de presentación de ditos produtos e servizos para facilitar o coñecemento dos mesmos.
De acordo co Real Decreto Lexislativo 1/2007 do 16 de novembro referido o Texto Refundido da Lei Xeral para a defensa dos Consumidores e Usuarios e demais lexislación vixente nesta materia, a Axencia de Turismo de Galicia non se fai responsable da publicidade, organización, contratación ou execución dos produtos ou servizos vinculados as ofertas ou paquetes turísticos presentados por terceiras empresas, as cales serán as responsables fronte o cliente do cumprimento das obrigas pola contratación, no seu caso, dos produtos ou servizos correspondentes.
Unha vez se proceda a facer unha reserva por un usuario a través da páxina web, esta reserva quedará suxeita ás condicións xerais da empresa que o oferta.
A organización técnica das promocións e paquetes turísticos será executada polas diferentes empresas participantes, vinculándose a elas a licenza para o seu desenvolvemento.
Tódalas posibles reclamacións de calquer usuario deberánse dirixir, directamente, a empresa coa que se contratou xa que a Axencia Turismo de Galicia, en ningún caso, fará de intermediario ou enlace a tales efectos.