Axenda de Eventos

Festa/Feira popular
Feira do Viño do Rosal
Do 17 ao 19 xullo | O Calvario O Rosal
Comeza:
17 xullo | 11:00
Remata:
19 xullo | 22:00
Onde:
O Calvario O Rosal

A Feira do Viño do Rosal ten como obxectivo primordial promocionar os sectores vinícolas, conserveiros e de produtos típicos de horta e flor que se producen no Val do Rosal. Este goza dun microclima especial que lle dá aos seus produtos agrícolas a calidade indiscutible que fai que sexan premiados non só no noso país, senón tamén en certames internacionais como o demostran os numerosos premios.
Paralelamente á celebración da feira realízanse exposicións culturais, actividades para nenos, exposición filatélica, actuacións musicais, etc.

Destacado:
O domingo pola mañá, carreira de 10 km polos viñedos dunha ou de dúas das adegas participantes na Feira.

Tipo de evento: Festa/Feira popular  |  Festa de interese turístico
Entrada: Entrada de balde