San Xulián de Samos. Historia e arte nun mosteiro. Opus Monasticorum III
Data de publicación: 01-dec-2008
Tipo de licenza: Todos os dereitos reservados
Autor: Varios
Formato: Libro
O estudo de Santiago é o eixe central dun proxecto que xa se ten consolidado como un dos referentes para a documentación sobre os complexos monásticos da Orde beneditina durante a Idade Moderna. Nesta terceira entrega de Opus Monasticorum a análise céntrase no mosteiro de San Xulián de Samos.
A recompilación de artigos aborda a historia do centro monástico e a súa repercusión na arte e na cultura. A estreita vinculación do mosteiro samonense co Camiño de Santiago singulariza a súa historia e a evolución que sufriu ao longo dos séculos.