17/xan/2014

Carmen Pugliese gaña o primeiro premio internacional Aymeric Picaud de divulgación do Camiño de Santiago

A escritora e xornalista italiana Carmen Pugliese foi distinguida co primeiro premio internacional Aymeric Picaud de divulgación do Camiño de Santiago. O galardón concédeo a liga de Asociacións de Xornalistas do Camiño de Santiago. Recoñece a traxectoria e dedicación da autora á defensa, estudo e difusión da ruta xacobea, desde o século pasado.

Natural de Milán, Pugliese reside desde hai algún tempo no municipio de Cee. En 1991 peregrinou por vez primeira a Santiago, desde Roncesvalles. Ao ano seguinte trasladou a súa residencia para España e iniciou unha intensa actividade sobre o Camiño de Santiago, coa publicación de libros, artigos en moi diversas publicacións, participación en congresos e outras iniciativas de temática xacobea. Desde o ano 2008 é cofundadora e directora de Camiño de Santiago. Revista peregrina. Entre os seus últimos traballos está o ser coautora do libro Vida e morte de dúas pergrinos pícaros e conversos, editado en Perugia (Italia).

O Premio Aymeric Picaud leva o nome do monxe francés que redactou a «Guía do Peregrino» do Códice Calixtino, e está dotado cun luxoso facsímile desta obra clásica. O galardón convócano as asociacións de xornalistas de Aragón, Navarra, A Rioxa, Burgos, Palencia, León, Lugo e Santiago de Compostela.