Axenda de Eventos

Festa/Feira popular
Festa do Choco
Do 8 ao 10 maio | Alameda Redondela
Comeza:
8 maio | 00:00
Remata:
10 maio | 00:00
Onde:
Alameda Redondela

Da Enseada de San Simón procede o choco que todos os anos, na primeira quincena de maio, cobra protagonismo na vila de Redondela. A festa de exaltación deste cefalópodo da ría de Vigo comezou a celebrarse nos anos 80 e nas súas últimas edicións logrou reunir a máis de 30.000 persoas que consumiron 5.000 quilos.
A festa, que coincide na época na que hai máis presenza deste produto, ten como eixo central unha gran carpa situada na Alameda. Aí pódese degustar o choco preparado polos restaurantes da vila  en diversas formas, desde as máis tradicionais ata as máis vangardistas.
O concurso gastronómico, no que todo o mundo pode participar é, por excelencia, a estrela principal da festa redondelá. Os premios son en catro modalidades: á mellor receita creativa, chocos na súa tinta, chocos con arroz e empanada de chocos.
Con motivo desta popular festa, o municipio redondelán ofrece aos visitantes un amplo programa de actividades festivo-culturais onde teñen cabida as bandas de música, deportes e xogos infantís, entre outras.
É tan innegable a importancia do choco para Redondela, que popularmente aos veciños e veciñas da vila se lles coñece como “choqueiros” ou “choqueiras”.

Destacado:
O concurso gastronómico.mente aos veciños e veciñas da vila se lles coñece como “choqueiros” ou “choqueiras”.

Tipo de evento: Festa/Feira popular  |  Festa de interese turístico