Axenda de Eventos

Festa/Feira popular
Feira do Queixo do Cebreiro
3 abril | Varios espazos Pedrafita do Cebreiro
Comeza:
3 abril | 11:00
Onde:
Varios espazos Pedrafita do Cebreiro

Dende os seus comezos no ano 1987 a data de celebración está vinculada á Semana Santa. A festa mantén a súa sede fixa neste concello desde o ano 1999. Na actualidade a feira segue a ser un grande acontecemento cultural e económico onde se conservan tradicións populares como a compra e venda de produtos de todo tipo, ocupando o queixo  o lugar máis destacado.
A feira comeza ás 9:30 horas da maña e remata a media tarde. Durante toda a xornada os visitantes poden gozar da degustación dos produtos típicos da comarca amenizados por pasarrúas e unha exhibición de baile tradicional.
Tamén contamos coa lectura do pregón a cargo dun personaxe ilustre.
O polbo é outro elemento fundamental desta feira, pois o paso polos seus postos é unha visita obrigada para todos os que se achegan.

Destacado:
A degustación do Queixo do Cebreiro e outros produtos de elaboración artesán.

Tipo de evento: Festa/Feira popular  |  Festa de interese turístico