Axenda de Eventos

Festa/Feira popular
Festa do Percebe de Aguiño
2 agosto | Aguiño Ribeira
Comeza:
2 agosto | 12:00
Onde:
Aguiño Ribeira

A Festa do Percebe de Aguiño, en Ribeira, ten lugar o último domingo do mes de xullo. Es celebrada desde 1997 nesta vila de tradición mariñeira. A fama do percebe de Aguiño radica na súa calidade e os mellores exemplares atópanse nas rochas máis castigadas polo mar, en pedras perigosas e nos acantilados de difícil acceso. Trátase da cita de exaltación gastronómica máis importante deste concello e con esta distinción recoñécese o traballo que arrodea a recolla do percebe, un oficio artesanal único. A calidade das augas que baten nas rochas onde se crían os percebes fan do percebe de Aguiño un produto único, con identidade e un prato característico da dieta atlántica.
As diferentes actividades que xiran arredor da festa son os obradoiros mariñeiros dirixidos ao público infantil, sesións de showcooking para adultos e nenos, zona de xogos, grupos de gaitas e música tradicional, sesión de baile, actuacións musicais...

Tipo de evento: Festa/Feira popular  |  Festa de interese turístico