Un dos símbolos máis internacionais do Camiño de Santiago é a frecha amarela, pintada a brocha en calzadas, casas, valos ou árbores. Ten unha orixe recente, pois naceu en 1984 por iniciativa dun sacerdote do Cebreiro, Elías Valiña, que sinalizou deste xeito, desde Francia ata Santiago, todo o Camiño Francés.
A Rede Pública de Albergues do Camiño de Santiago naceu en 1993 e conta hoxe con 76 centros e máis de 3.000 prazas. Toman como modelo a propia rede de hospitais medievais que atendían as necesidades básicas dos peregrinos
O noso Camiño a Santiago ha de comezar coa elaboración dun calendario e coa análise das nosas posibilidades. Axudaranos acudir a unha asociación de amigos do Camiño. Antes de comezar a ruta é primordial unha preparación física axeitada e levar un bo equipamento.
O Camiño de Santiago é unha opción sempre construtiva, onde cada persoa logra, dalgún xeito, resituarse, relativizar e reavaliar a súa propia existencia. Sempre aberto a todas as experiencias, cada un deberá participar de forma discreta e sosegada.
Seleccionamos unha serie de enderezos dixitais, contactos e publicacións que serán útiles na peregrinación, como os portais na Rede da Oficina do Peregrino, a Catedral de Santiago, Turismo de Santiago…, e tamén ligazóns coas asociacións de amigos do Camiño ou con páxinas web de aloxamentos.
Elías Valiña foi un dos máis importantes conservadores e promotores do Camiño de Santiago como ruta de peregrinación e turismo. En 1984 emprendeu a sinalización do Camiño de Santiago, con frechas amarelas, desde Francia
A acollida ao peregrino é precisamente unha das características fundacionais do Camiño de Santiago, que actualiza e renova ese espírito de solidariedade que tradicionalmente imperou en Galicia.
Abren de 13 a 22 h e a estancia máxima será dunha soa noite. Contan con auga quente e con roupa de cama desbotable.
Para obter a Compostela ao chegarmos á meta da nosa peregrinación, se percorremos 100 km a pé ou a cabalo, ou 200 km se é en bicicleta.
Esta opción ten vantaxes, como poder coñecer lugares de interese próximos á ruta ou facer paradas singulares sen présa.
Permite percorrer por etapas as distintas vías históricas que dende hai séculos conducen a Santiago de Compostela, aloxándose cada día nunha casa de turismo rural diferente.
Antes de empezar o Camiño son primordiais unha preparación física axeitada e un bo equipamento
Aconséllase ir en compañía, ter especial coidado co tráfico e gardar as normas de tránsito
Require unha especial planificación. En 2022 houbo 545 peregrinos a cabalo
Este portal emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies propias de terceiros con fins analíticos. Pode obter máis información na política de cookies
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.