Philippe-Picone
Philippe Picone, nacido en Marsella (Francia), doutor en musicoloxía da Escola de Estudos Superiores en Ciencias Sociais de París (EHESS) con homologación do título de doutor pola Universidade de Santiago de Compostela; investigador asociado no C.N.R.S. (Centro Nacional de Investigacións Científicas, Francia / Instituto Francés de Estudos Andinos de Lima, Perú). Estudou nos conservatorios nacionais de Versalles e París, logrando alí varios primeiros premios (historia da música, análise musical, música de cámara, organoloxía).
Especialista en música barroca, é profesor-axudante en historia e análise da música barroca do Departamento de Musicoloxía da Universidade católica de Angers, e organista titular do órgano histórico da colexiata Nosa Señora de Vernon e mai da igrexa de San Juan Bautista de Sceaux (Francia).
Membro de número da Société Française de Musicologie, da Sociedad Española de Musicología, da Société deas Hispanistes Français de l’Enseignement Supérieur e do Centro de Estudos Composteláns de París.
É autor de varios artigos de musicoloxía sobre temas composteláns publicados en revistas científicas e impartiu varias conferencias sobre a música e o culto de Santiago apóstolo durante o Barroco. Foi vicepresidente da Sociedade Francesa de Amigos de Santiago de Compostela e é peregrino e membro da Arquiconfraría Universal do Apóstolo Santiago.
En 2023 entrou a formar parte do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago.