3/xul/2012

A Xunta de Galicia convocou a XVII Edición do Premio Elías Valiña ao esforzo revitalizador e promocional dos Camiños

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou as bases do Premio Elías Valiña para distinguir o esforzo protector, revitalizador, promocional e de fomento do coñecemento e dos valores propios dos Camiños de Santiago por parte de asociacións, fundacións e entidades sen ánimo de lucro. En ditas bases inclúese, así mesmo, a mención especial a unha persoa física que teña contribuído especialmente á posta en valor daqueles.

Bases: DOG nº 119 do 2012/6/22
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120622/AnuncioG0164-140612-0007_gl.html