Os actos de celebración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela
Os actos de celebración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela terán la consideración de acontecemento de excepcional interese público. O informe da ponencia da Lei de Orzamentos Xerais do Estado xa inclúe a emenda sobre os Beneficios Fiscais aplicables aos actos de celebración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela (1214-2014). A Xunta de Galicia solicitou que os actos citados puideran acollerse aos incentivos fiscais establecidos na Ley 49/2002, de 23 de decembro, de Réxime Fiscal das Entidades sen Fins Lucrativos e dos Incentivos Fiscais ao Mecenado.
A celebración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago promoverá congresos, exposicións e publicacións de gran calidade, no período comprendido entre mediados de 2013 e mediados de 2015.
A partir do 2 de agosto de 2013 o Comune di Assisi –irmandado coa cidade de Santiago- organizará unha peregrinación colectiva Asís-Compostela, a realizar por tramos, en Italia, Francia e España, acompañada de accións culturais e promocionais, conferencias, exposicións itinerantes e concertos de música medieval e/ou clásica. Estas accións organizadas pola Xunta de Galicia, coa colaboración do Consorcio de Santiago e a Orde franciscana, poderán contar co patrocinio privado.
O evento terá repercusión mundial, con actuacións concretas en Italia, Francia e España, integrando participantes de todo o mundo nos congresos que se realizarán en Santiago en 2014. Isto conseguirase coa colaboración da Orde franciscana e o apoio da Custodia de Xerusalén.
Otras noticias
-
Fri Apr 10 14:00:00 CEST 2026
La Xunta y la Asociación de Amigos del Camino de Santiago promueven un Encuentro de Corales el día 18 en Lugo
-
Tue Apr 07 13:00:00 CEST 2026
Xosé Merelles reafirma la hoja de ruta de la Xunta para un Xacobeo 2027 planificado y estructurado