O Xacobeo no Salón Internacional de Turismo e Viaxes de Montreal
Celébrase entre o 21 e o 23 de outubro e está considerada a máis importante do sector en Canadá.
A S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, dentro do seu programa de promoción dos Camiños de Santiago, asistirá entre os días 21 e 23 de outubro á 23 edición do Salón Internacional do Turismo e da Viaxe que ten lugar no recinto feiral Place Bonaventure, de Montreal (Canadá), e que está considerada a principal feira do sector turístico nese país.
O horario é o venres 21 de outubro de 13 a 21 h. e de 10 a 18 h. o sábado e o domingo.
O Xacobeo acude a esta feira coa Oficina Española de Turismo en Toronto e ten un punto de información propio dentro do stand común. O Salón de Montreal está considerado un punto estratéxico para os profesionais do turismo pois a el asiste un público de perfil económico medio-alto e o Camiño de Santiago figura en octavo lugar entre as preferencias dos turistas de Canadá.
+Info: salontourismevoyages.com