Agenda de Eventos

Camiño de Santiago
Exposición "Galicia, un latexo máis"
Del 14 septiembre al 25 octubre | Casa de Galicia Madrid
Comienza:
14 septiembre | 10:00
Termina:
25 octubre | 20:00
Donde:
Casa de Galicia Madrid

Viaxar a Galicia constitúe unha experiencia emocional, unha procura de sensacións na que está sempre presente a natureza. O peregrino fai o Camiño de Santiago buscando unha conexión espiritual cun mesmo, e mentres se camiña descóbrense as mutacións e os cambios da paisaxe galega de forma repousada, do mesmo xeito que se perciben os cambios que imos advertindo no noso interior.

Pola súa banda, as actividades de turismo activo tamén buscan no contacto coa natureza, e na aprendizaxe e desfrute respectuoso da contorna acompañada de profesionais, a base dunha experiencia diferencial. A infinita paisaxe galega, cos seus máis de 1500 quilómetros de costa, os seus ríos e canóns ou os seus montes, ofrece múltiples posibilidades de desfrutar da natureza, xa sexa en actividades en contornas acuáticas ou terrestres.

A exposición Galicia, un latexo máis ofrece un achegamento á viaxe a Galicia como unha experiencia activa, na que o corazón latexa máis forte polo que se ve, pero tamén polo que se vive, e por como se vive.

Espazo para a mostra: salas Emilia Pardo Bazán e Álvaro Cunqueiro da Casa de Galicia en Madrid.

Datas: do 14 de setembro ao 25 de outubro de 2026. Inauguración o 14 de setembro ás 19:30 horas.

Organizan: Axencia Turismo de Galicia, Xunta de Galicia

Colaboran: AGETAN (Asociación Galega de Empresas de Turismo activo, de Aventura e Natureza) e Atlantis Adventure. Turismo de ocio y aventura.

 

Tipo de evento: Camiño de Santiago