22/sep/2011

Galicia Classics rende homenaxe a Cunqueiro co espectáculo 'O soño dourado'

O ciclo Galicia Classics fará unha homenaxe ao escritor Álvaro Cunqueiro durante os meses de setembro e outubro coa programación do espectáculo O soño dourado. De Rosalía a Cunqueiro, un recital poético-musical que forma parte das iniciativas programadas no Ano Cunqueiro, no que se cumpre o centenario do seu nacemento. Este espectáculo rende homenaxe ás obras que inspiraron algunhas das páxinas máis logradas da literatura galega.

A primeira cita deste espectáculo da Agrupación Lírica Ofelia Nieto será o día 23 de setembro, en Ferrol. A actuación, que comezará ás 20,00 horas, terá lugar no Auditorio Novacaixagalicia. Unha semana despois, o 2 de outubro, o recital chegará á Biblioteca da Cidade da Cultura de Galicia, onde poderá verse ás 19,00 horas. A entrada será libre ata completar o aforamento.

+ Info: Galicia Classics | Cidade da Cultura de Galicia