A Xunta pon en marcha o programa da Área de Rehabilitación Integral do Camiño de Santiago
A Xunta vai poñer en marcha o Programa da Área de Rehabilitación Integral (ARI) do Camiño de Santiago. Este nova iniciativa vaise poñer en marcha de inmediato durante un período que se estenderá como mínimo ata o 2020.
No que se refire ao investimento, este programa está dotado con 3,2 millóns de euros para o vindeiro 2016, dos cales 2,7 millóns destinaranse a actuacións de rehabilitación de vivendas nos Camiños de Santiago e 500.000 euros a infravivenda rural.
As zonas rurais serán as que terán maiores facilidades para beneficiarse do programa, xa que nelas as axudas esténdense a todas as vivendas da parroquia pola que pasa o Camiño, mentres que nas zonas urbanas só se beneficiarán aquelas vivendas emprazadas na traza do Camiño.
Deste xeito, poderanse beneficiar das axudas case 500 parroquias de máis de 100 concellos situados ao longo das sete rutas do Camiño de Santiago en Galicia.
Otras noticias
-
Sun Apr 26 14:00:00 CEST 2026
El circuito de la Xunta Cultura no Camiño llegará este verano la 90 ayuntamientos de las rutas jacobeas
-
Tue Apr 21 09:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia destina más de 300.00 euros a acciones promovidas por asociaciones de amigos del Camino
-
Sat Apr 18 14:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia invierte más de medio millón de euros en la mejora de la seguridad de la Vía de la Plata