Santiago de Compostela acogerá la próxima semana el décimo coloquio internacional Compostela
O xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela, participou esta mañá na rolda de prensa de presentación da décima edición dos Coloquios Internacionais Compostela, organizado polo Consello Superior de Investigacións Científicas, a través do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, en colaboración con Turismo de Galicia.
O acto, celebrado en Santiago de Compostela, contou tamén coa participación de Eduardo Pardo de Guevara e Valdés, director do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento; Antón M. Pazos, vicedirector do IEGPS e presidente do comité organizador dos Coloquios Internacionais Compostela; e Carlos A. González Paz, coordinador do comité organizador dos Coloquios Internacionais Compostela.
Esta edición, que terá lugar en Santiago de Compostela do 26 ao 28 de setembro, centrarase nas reliquias como elementos esenciais no xurdimento e evolución de santuarios de peregrinación no continente europeo desde a Idade Media á contemporaneidade.
Para abordar o dito tema, un total de dezaseis historiadores, arqueólogos e científicos experimentais procedentes de distintas universidades reuniranse na sede do IEGPS, no antigo Hospital de San Roque, durante os tres días de duración do foro académico.
Programa
O programa desta décima edición consta de seis bloques temáticos: historiografía e estado da cuestión; as reliquias do Apóstolo Santiago en Compostela; as reliquias do Apóstolo Santiago en santuarios europeos: os membra disiecta; a circulación e o intercambio de reliquias; os movementos políticos, sociais e relixiosos que cuestionaron, mesmo destruíron, as reliquias e os seus santuarios; e a ciencia experimental e as reliquias no século XXI.
Otras noticias
-
Sun Apr 26 14:00:00 CEST 2026
El circuito de la Xunta Cultura no Camiño llegará este verano la 90 ayuntamientos de las rutas jacobeas
-
Tue Apr 21 09:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia destina más de 300.00 euros a acciones promovidas por asociaciones de amigos del Camino
-
Sat Apr 18 14:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia invierte más de medio millón de euros en la mejora de la seguridad de la Vía de la Plata