Camiño Seguro
A Xunta de Galicia pon en marcha o programa Camiño Seguro, unha iniciativa coa que se promove unha peregrinación adaptada á actual situación sanitaria a través dun protocolo integral de actuación nos itinerarios xacobeos en Galicia.

Ao abeiro deste programa establécense unha serie de medidas tanto para os peregrinos como para os profesionais, entidades xestoras ou voluntarios que traballan na Ruta Xacobea.
O programa Camiño Seguro inclúe medidas como:
- Limitacións de aforo de entre o 50 e o 75%
- Elaboración de guías e manuais de apoio
- Formación para máis de 300 albergueiros
- Axudas para a adaptación dos establecementos ás medidas hixiénico sanitarias
- Un servizo de asesoramento aos negocios
- Un novo sistema online de reservas en alberguesxacobeo.gal