Hospitalidade e peregrinación. O Camiño do Norte na Mariña luguesa
??comun.etiquetas.data-publicacion??: 2009. 2. 15
??comun.etiquetas.tipo-licenza??: Non comercial
??comun.etiquetas.autor??: Xoán Ramón Fernández Pacios
??comun.etiquetas.formato??: Libro
Século tras século os camiños víronse poboados por esta famélica marea humana á que cómpre darlle solución. De certo que non se pode acabar coas causas orixinais das grandes fames, como foron as continuas guerras, a inclemencia da meteoroloxía ou os desastres naturais, pero as distintas vilas e cidades a onde chega esta marea tentan paliar a situación creando centros de beneficencia para acubillar estes pobres, onde eran acollidos e se lles repartía a ración diaria.