31/dec/2020

O presidente da Xunta asiste como delegado rexio á apertura da Porta Santa, que marca o inicio do Xacobeo 2021-2022

Santiago de Compostela, 31 de decembro de 2020.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asistiu hoxe como delegado rexio ao acto de apertura da Porta Santa, que marca o inicio do Xacobeo.

Durante o mesmo, o nuncio apostólico para España, Bernardito Auza, anunciou que a Santa Sede decretou a prolongación do Ano Santo 2021 durante todo o ano 2022 polas circunstancias excepcionais derivadas da covid-19.