5/xan/2021

A Xunta publica a licitación das obras nos albergues de Palas de Rei e O Pino

  • As actuacións en ambos albergues forman parte do Plan de Albergues 2019-2021, dotado con 7M€ para reforzar a rede pública destes establecementos

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2021

A Xunta publica hoxe na plataforma de contratos de Galicia a licitación das obras nos albergues de O Pino e de Palas de Rei, e no embarcadoiro dos Chancís, no concello de Sober, aos que o Goberno galego destinará un investimento de preto de 1,3 M euros.

No albergue de Arca, no concello de O Pino, no que investiranse preto de 700.000 euros, na reordenación dos espazos, remodelación e diversas melloras na accesibilidade. No albergue de Palas de Rei, o investimento acada os 410.000 euros destinados á redistribución das instalacións e tamén a melloras da súa accesibilidade.

No marco do Plan de Albergues, ao que o Goberno galego destina 7 millóns de euros, ampliase a a rede pública con 8 novos albergues, ao mesmo tempo que se fan as melloras necesarias nos 70 actuais para que estean nas mellores condicións para recibir aos peregrinos no Xacobeo 2021, polo cal este edificio contará cunhas instalacións accesibles e seguras.

Con estas melloras preténdese dotar de máis albergues e prazas á rede pública para acoller aos peregrinos que teñan previsto facer o Camiño, que contarán con tódalas garantías con rutas seguras nas que se levan a cabo tódalas medidas hixiénico-sanitarias fronte á covid-19 establecidas polo Instituto para a Calidade Turística (ICTE) e a consellería de Sanidade.