15/out/2020

A Xunta aposta por seguir promovendo os valores espirituais do Camiño de Santiago cara o próximo Xacobeo

  • O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe na inauguración do VIII Congreso internacional da Fundación Acollida Cristina nos Camiños de Santiago

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2020

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, apostou hoxe por seguir promovendo os valores espirituais do Camiño de Santiago cara a celebración do próximo Xacobeo.

Neste sentido, puxo en valor que o Camiño ofrece cultura, patrimonio, paisaxe e hospitalidade; ademais dunha meta espiritual para moitas persoas que o percorren. Por iso, agradeceu o traballo dos voluntarios e hospitaleiros que seguen difundindo estes valores.

Alfonso Rueda recordou na súa intervención que Galicia é un destino seguro, como amosa a mellor resistencia do sector turístico durante este verán, e que a Xunta segue apostando polo Xacobeo que se celebrará o próximo ano como motor de recuperación do sector turístico e económico.