31/mar/2021

Información para visitantes de fóra de Galicia que queiran facer o Camiño de Santiago

Como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 en España, recoméndase aos visitantes que cheguen, ou saian de Galicia, teñan en conta as seguintes medidas de prevención hixiénico sanitarias:

  • Información para os visitantes que cheguen a Galicia

Os/as viaxeiros/as que cheguen a Galicia, sexan residentes na Comunidade Autónoma ou non, deberán consultar a páxina web do Servizo Galego de Saúde.

www.sergas.es

Os/as viaxeiros/as, sexan residentes en Galicia ou non, que proveñan ou estiveran nos últimos catorce días en territorios(*) de alta incidencia epidemiolóxica por COVID-19, deberán reencher un formulario sanitario.

FORMULARIO

  • Restricións ás viaxes de cidadáns provenientes de España

As persoas que queiran viaxar ao exterior deberán consultar a listaxe de países con restricións para a recepción de viaxeiros/as procedentes de España, na páxina web do Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea y Cooperación.

www.exteriores.gob.es

  • Programa Camiño Seguro

A Xunta de Galicia puxo en marcha o programa Camiño Seguro, unha iniciativa coa que se promove unha peregrinación adaptada á actual situación sanitaria a través dun protocolo integral de actuación nos itinerarios xacobeos en Galicia.

Ao abeiro deste programa establécense unha serie de medidas tanto para os peregrinos como para os profesionais, entidades xestoras ou voluntarios que traballan na Ruta Xacobea.

www.caminodesantiago.gal

(*) Consultar os territorios que teñen restricións nestes momentos.