11/Jul/2020

Restricións á mobilidade no ámbito territorial delimitado conxuntamente polos Concellos de Viveiro, Xove, Foz, Barreiros e Ribadeo

A ORDE do 10 de xullo de 2020 sobre medidas de prevención, como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19, no seu artigo Segundo, punto 1.a, limita a entrada e saída de persoas do ámbito territorial determinado conxuntamente polos concellos de Viveiro, Xove, Cervo, Foz, Barreiros e Ribadeo, a partir das 00.00 horas do día 11 de xullo de 2020.

Non obstante a anterior limitación, poderase entrar e saír do ámbito territorial delimitado polas seguintes razóns:

1º) Desprazamento ao lugar de traballo para efectuar a prestación laboral, profesional ou empresarial, incluíndo o transporte, a prestación de servizos, o comercio e as activida des empresariais e económicas.
2º) Retorno ao lugar de residencia habitual.
3º) Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.
4º) Por causa de forza maior ou situación de necesidade.
5º) Por desprazamentos ao Hospital da Mariña ou desde o Hospital da Mariña, ou do mesmo modo, aos puntos de atención continuada de acordo coa asignación correspondente.
6º) Calquera outra actividade de análoga natureza.

A limitación de entrada e saída do ámbito territorial delimitado non afectará a circulación por autovías e outras vías de comunicación cando se trate de mobilidade con orixe e destino fóra del, sempre e cando non comporte a mobilidade fóra destas vías.

De acordo con dita ORDE, queda restrinxida a mobilidade nos Concellos de Ribadeo e Trabada; que afecta ao tránsito de peregrinos no Camiño do Norte en Galicia.

XUNTA DE GALICIA