6/May/2020

Román Rodríguez preside a primeira xuntanza do grupo de traballo para adaptar o Xacobeo 2021 ao escenario post covid-19

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2020

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, presidiu esta mañá a primeira xuntanza do grupo de traballo multidisciplinar creado a instancias de Xunta de Galicia para adaptar o Xacobeo 2021 ao escenario posterior á crise sanitaria. No encontro participaron, ademais da comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, representantes de todos os colectivos implicados no feito xacobeo, como as asociacións de amigos do Camiño, a Igrexa ou a administración local ademais de expertos no ámbito económico, cultural e turístico da Comunidade.

Durante a reunión, o conselleiro agradeceu a dispoñibilidade de todos os membros do grupo e abordáronse diferentes eixos de actuación para facer desta celebración un motor de reactivación dos sectores cultural e turístico de toda Galicia, así como un elemento de dinamización económica, especialmente nas zonas rurais. Neste sentido, o titular de Cultura e Turismo lembrou que o Plan de reactivación aprobado a semana pasada por parte do Goberno galego recolle un investimento de máis de 5 millóns de euros para impulsar este evento como estímulo da economía e o comercio e como axente fundamental á hora de posicionar a marca Galicia.

O grupo de traballo está presidido pola comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, ten como secretario ao director de Administración e Relacións coas Asociacións do Camiño de Santiago, Isaías Calvo e composto por tres apartados:

Ámbito do Camiño de Santiago, do Ano Santo e do Pensamento:
Segundo Pérez, deán da Catedral de Santiago de Compostela
Manuel López Vázquez, presidente da Federación Galega de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago
Luís Gutierrez, presidente da Federación Española de Asociaciones de Amigos del Camino de Santiago
Annete Argall, pola representante en España de American Pilgrims on the Camino
Cristóbal Ramírez, xornalista
Paolo Caucci, presidente do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago
Jesús Palmou, presidente da Academia Xacobea
Miguel Taín, director da Cátedra do Camiño de Santiago e das Peregrinacións da USC

Ámbito económico e de servizos do Camiño:
Melchor Fernández, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, director do Igeda e responsable do estudo de impacto socioeconómico do Camiño de Santiago
María Bastida, profesora da Universidade de Santiago de Compostela e no master de Planificación e Dirección de Turismo
Rocío Mosquera, presidenta do Clúster da Saúde de Galicia e xerente da Fundación Galaria
Jesús Picallo, presidente da Asociación de empresarios do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía Solpor
Mar Rodríguez, directora-xerente da axencia de viaxes Tee Travel
Miguel Ángel Rodríguez, presidente de Agalber
Mónica Crisóstomo, copropietaria de Ideas Peregrinas Hostel & Pilgrim Store
Manuel Mirás, alcalde de Oroso, vicepresidente da Fegamp e membro da Comisión Organizadora do Xacobeo 2021+D26
Sindo Guinarte, tenente alcalde do Concello de Santiago, concelleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo e delegado do Ano Santo 2021
Olga Iglesias, alcaldesa de Triacastela

Ámbito cultural:
Manuel Gago, xornalista, profesor da USC e membro do Consello da Cultura Galega
Fran Núñez, director do Centro Dramático Galego e doctor en Economía Aplicada pola USC
Mamen Quintas, xerente de Ficción Producciones, Mamen Quintas
Eladio Fernández-Galiano, senior adviser do Instituto de Rutas Culturais do Consejo de Europa
Francisco Millán, presidente do Intergrupo Camino de Santiago do Parlamento Europeo