6/mai/2020

Plan de Reactivación Cultural e Turística

  • O Plan de reactivación da Cultura e o Turismo posto en marcha pola Xunta de Galicia conta cun investimento de 27 millóns de euros e preto de 50 medidas, das que case 30 son referidas ao eido do turismo, coa intención de fomentar o emprego, xerar liquidez e reactivar o consumo.

Trátase dun plan rápido, directo e consensuado co sector. Realizáronse máis de 60 xuntanzas e contactos con máis de 230 axentes do sector, recibíndose preto de 170 propostas, das que o 71% foron incorporadas á redacción deste plan de reactivación.

 Os 4 eixos clave do plan no eido turístico son a reactivación da demanda e accións de promoción, a creación de novos produtos turísticos, o apoio ao tecido empresarial e mantemento do emprego, así como a formación, competitividade e innovación.

O obxectivo é presentar Galicia como un destino seguro. Deste xeito, apoiaranse medidas hixiénico-sanitarias para os establecementos turísticos; reformularase a estratexia de promoción de destino adaptada a este novo contexto sanitario; promoverase un programa de consultoría e asesoramento para as empresas turísticas, así como un programa de Queda en Galicia para o turismo interno, entre outras accións.

O plan prevé, ademáis, que o Ano Santo funcione tamén como estímulo da actividade e do consumo para impulsar ás industrias cultura e turística.