15/Mar/2020

A Xunta activa un servizo de acollida provisional no albergue do Monto do Gozo, para aos peregrinos que se atopen en tránsito e mentres non dispoñan doutros medios de regreso ou aloxamento

  • O Centro de Coordinación Operativa concreta e amplía as medidas de prevención para conter o contaxio do coronavirus

 

Santiago, 15 de marzo de 2020

O Centro de Coordinación Operativa (Cecop) aprobou esta tarde, tras unha xuntanza presidida polo responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, un acordo no que se concretan e amplían as medidas de prevención para conter o contaxio do coronavirus, que serán publicadas hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) e que entrarán en vigor a partir de mañá luns, 16 de marzo.

En relación co Camiño de Santiago, e como consecuencia do peche de albergues da rede pública: actívase un servizo de acollida provisional no albergue público do Monte do Gozo, en Santiago, para aos peregrinos que se atopen en tránsito e mentres non dispoñan doutros medios de regreso ou aloxamento. E no aloxamento deberán cumprirse as normas de prevención determinadas polas autoridades sanitarias.