13/Mar/2020

A Xunta de Galicia pecha todos os establecementos da rede pública de albergues de peregrinos

  • A Xunta de Galicia tomou hoxe a decisión de pechar todos os establecementos da rede pública de albergues de peregrinos, como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2020

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, informou hoxe, tras a reunión extraordinaria do Consello da Xunta, da declaración da situación de emerxencia sanitaria de interese galego. Unha declaración, precisou, que poderá implicar a reorganización funcional dos servizos administrativos e as modificacións orzamentarias necesarias para afrontar a emerxencia.

Entre as primeiras medidas tomadas está a do peche, ata novo aviso, dos albergues públicos de peregrinos.