30/Oct/2019

Nava Castro pon en valor a importancia de divulgar os valores xacobeos entre os máis novos de todo o mundo

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2018

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na clausura e entrega de diplomas do II Foro Internacional Equipo de Innovación 2019: Obxectivos de desenvolvemento sustentable, turismo e dereitos humanos. A innovación e os traballos do futuro no Camiño de Santiago no que participaron estudantes de 20 universidades de distintos países do mundo.

Durante a súa intervención puxo de manifesto a importancia de seguir traballando para que os valores asociados á Ruta Xacobea transcendan Galicia e cheguen a todo o mundo. Neste sentido, convidou aos participantes a difundilos nos seus países. A edición deste foro, un dos proxectos beneficiarios de O teu Xacobeo, foi impulsado pola Rede Helsinki España e o Grupo Compostela Universidades, e supón o remate dun proxecto no que os alumnos traballaron para promover o diálogo intercultural e o desenvolvemento sustentable. Tamén peregrinaron ata Santiago de Compostela onde puxeron en práctica as ideas dos seus traballos teóricos.