Fri Oct 25 01:00:00 CEST 2019

Román Rodríguez salienta a contribución da Academia Xacobea ao estudo e investigación das peregrinacións a Santiago

Noia, 24 de outubro de 2019

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, salientou hoxe en Noia a contribución de institucións como a Academia Xacobea ao estudo, investigación e divulgación das peregrinacións a Santiago de Compostela. Fíxoo durante o acto de ingreso nesta institución dos novos académicos de número Agustín Dosil, José Fernández Lago e Isidro García Tato.

O responsable de Cultura e Turismo destacou a importancia de analizar o feito Xacobeo desde o estudo e a reflexión, un feito recollido no Plan Estratéxico do vindeiro Ano Santo. Neste sentido, puxo en valor a necesidade de abordar o fenómeno do Camiño de Santiago desde “diferentes ángulos de coñecemento” co fin de afondar nos seus valores culturais, sociais e patrimoniais.