8/abr/2016

Publicación de "Sophie en el Camino"

Publicación dixital interactiva, especialmente dirixida e elaborada para segundo e terceiro ciclo de Educación Primaria, que se atopa aloxada na web do INTEF (Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado del Ministerio de Educación, Cultura y Deporte) na seguinte dirección:  http://educalab.es/recursos/el-camino-de-santiago. Pode témen consultarse directamente dende a páxina web do Consejo Jacobeo: http://www.mecd.gob.es/cultura-mecd/areas-cultura/cooperacion/mc/consejo-jacobeo/recursos-formativos.html.

Este recurso didáctico interactivo é un libro dixital sobre o Camiño de Santiago, en concreto sobre o Camiño Francés, que se ofrece a profesores e alumnos de primaria co fin de que se fomente nas escolas o coñecemento do patrimonio cultural do Camiño de Santiago.

O libro, elaborado por OQO editora,contou coa colaboración dos técnicos das comunidades autónomas de Galicia, A Rioxa, Aragón, Navarra e Castilla e León. Pretende achegar o alumnado de segundo e terceiro ciclo de Educación Primaria ao Camiño de Santiago dun modo lúdico e ameno. Componse de dous cadernos “El Cuaderno de Sophie” e “El Cuaderno de Fabio”. O primeiro narra a historia dunha nena que realiza o Camiño Francés xunto ao seu avó dende Francia, entrando por Somport. “El cuaderno de Fabio” achega un novo personaxe que fai o Camiño dende Roncesvalles e que se une a Sophie en Puente la Reina.

A Secretaría do Consejo Jacobeo espera que este recurso didáctico favoreza a transmisión do valor cultural do Camiño de Santiago, concienciando as novas xeracións sobre a importancia da protección e conservación do extraordinario patrimonio cultural que o conforma.