3/Sep/2014

A exposición "On the road" alcanza os 30.000 visitantes

“On the Road”, a gran mostra conmemorativa do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela que Turismo de Galicia inaugurou o pasado 27 de xuño alcanzou este mes de agosto os 30.000 visitantes. A exposición que aglutina as creacións dalgúns dos artistas contemporáneos máis recoñecidos no ámbito internacional na actualidade permanecerá aberta ata finais de novembro.

A mostra, que conta coa participación de 35 artistas nacionais e internacionais de primeiro nivel, é unha homenaxe á cultura do noso tempo e xira arredor da idea do Camiño de Santiago percorrido polo santo de Asís e do concepto de camiñar.

O Pazo de Xelmírez, a igrexa e o cemiterio de Bonaval, e espazos urbanos emblemáticos da cidade de Santiago como a praza do Obradoiro ou o Hostal dos Reis Católicos, son os escenarios que acollen este singular repertorio de inquedanzas, saberes, visións e achegas artísticas pensado como un percorrido es si mesmo.

‘Francis Alÿs; Giovanni Anselmo; Jorge Barbi; Lothar Baumgarten; Joseph Beuys; Alighiero Boetti; Christian Boltanski; Marcel Broodthaers; John Cage; Mircea Cantor; Janet Cardiff & George Bures Miller; Tacita Dean; Jimmie Durham; Guillermo Faivovich & Nicolás Goldberg; Félix González-Torres; João Maria Gusmão & Pedro Paiva; Roni Horn; Annika Kahrs; Amar Kanwar; Yves Klein; Jannis Kounellis; Antón Lamazares; Richard Long; Aníbal López; Piero Manzoni; Anthony McCall; Mario Merz; Nam June Paik; Giuseppe Penone; Perejaume; Caio Reisewitz; Robert Smithson; Antoni Tàpies; Lawrence Weiner e Franz West son os artistas que participan na exposición. Doce destes artistas crearon obras específicas para exhibirse en Santiago de Compostela.