8/Jul/2014

Firma dun protocolo de colaboración entre os Camiños de San Francisco e o Camiño de Santiago

A Asociación Cammini di San Francesco e a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo asinaron en Rieti (Italia) un protocolo de colaboración. Con este acordo os dous organismos comprometéronse  a favorecer o estudo e a investigación sobre a relación existente entre as figuras relixiosas de Santiago o Maior e San Francisco de Asis. A Asociación Cammini di Francesco, está a promover o recoñecemento europeo do Camiño dedicado ao Santo Poverello e presentará en outubro o estudo do itinerario italiano San Leo-Roma, no cal está a traballar Marco Batoli, docente da Lumsa e experto do franciscanismo.

O Protocolo foi asinado por Giorgio Piccirillo, presidente dos Cammini di Francesco e Rafael Sanchez, director da S.A. de Xestión do Plan Xacoeo (Xunta de Galicia).