16/Jun/2014

A Catedral de Santiago inicia as visitas guiadas á tribuna

O sistema de visitas culturais á Catedral de Santiago incorpora unha nova modalidade de percorrido guiado en grupo á tribuna. O proxecto súmase ao resto de modalidades de visita que ofrece a Catedral: Colección permanente, Cubertas, Pórtico da Gloria e Escavacións Arqueolóxicas. As visitas realizaranse en grupos reducidos, formados por un máximo de 12 persoas, e con guía, e inclúe o acceso á Colección permanente do Museo. Estableceuse unha tarifa de 10 euros por persoa, con tarifas reducidas (8 euros) para estudantes, parados, xubilados e peregrinos. As visitas estarán dispoñibles todos os días da semana, en horario de mañá e tarde: de luns a venres, ás 11:00h e ás 18:00h e os sábados e domingos, ás 11:00h e 17:00h.

A tribuna é o corredor que percorre todo o perímetro da Catedral, pola súa banda interna, sobre as naves laterais, de maneira que constitúen un segundo piso. Algunhas investigacións sosteñen que, especialmente na Idade Media, albergaban a peregrinos durante os oficios litúrxicos e, mesmo, servían para pasar a noite na Catedral.

+info: http://www.catedraldesantiago.es