5/Jun/2014

A Editorial Bolanda presenta “Santiago de Compostela para los peregrinos. Guía secreta”

Bolanda, Ediciones y Marketing presentou Santiago de Compostela para los peregrinos. Guía secreta, publicación escrita e coordinada por Manuel F. Rodríguez. Xunto coa guía reeditáronse os planos da cidade e actualizouse a aplicación O Santiago oculto dos peregrinos.

A publicación de 216 páxinas constitúe o prato forte da nova entrega dun proxecto que se iniciou no verán de 2012, Iacobus Absconditus Peregrinorum. Santiago de Compostela para los peregrinos. Guía secreta viaxa por primeira vez cos ollos do peregrino do Camiño de Santiago pola cidade de Compostela. Unha pegada en gran medida oculta polo tempo e que conecta aos peregrinos históricos cos actuais. Propón seguila pola Catedral, os antigos hospitais de peregrinos, as igrexas e as rúas máis xacobeas da cidade.

O Santiago Oculto dos Peregrinos é un proxecto turístico, histórico e cultural  que naceu grazas ao apoio de institucións, asociacións, organismos públicos e privados e empresas comprometidas co desenvolvemento económico e social de Santiago e de Galicia.