23/May/2014

Carmen Pugliese presenta o seu novo libro “Francisco, un santo de película”

A escritora e investigadora Carmen Pugliese presentou o seu novo libro “Francisco, un santo de película”, editado por Círculo Rojo, que conta co patrocinio da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo. Na presentación, a autora explicou que San Francisco é o santo máis cinematográfico de todos, con máis de vinte películas sobre a súa vida.

Carmen Pugliese, italiana de nacemento, reside desde hai máis de dúas décadas no Camiño de Santiago, e é moi coñecida nos ambientes xacobeos pola súa longa traxectoria como investigadora, peregrina e hospitaleira.

Esta publicación está incluída no programa xeral de actividades do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela, evento organizado por Turismo de Galicia, que se está a desenvolver desde xuño de 2013 e durará até xuño de 2015.