13/May/2014

A Asociación Amigos del Camino de Santiago Comunidad Valenciana convoca a IX edición do Premio de Relato Curto "Vieiragrino"

A Asociación "Amigos del Camino de Santiago de la Comunidad Valenciana", convoca a Novena Edición do Premio de Relato Curto "Vieiragrino", para estimular a escritura de relatos curtos sobre a tradición do Camiño de Santiago. Os relatos poderán ser de ficción literaria inspirados nos costumes, historia e tradición do Camiño ou tamén poderán ter as características de diario persoal realizado sobre as experiencias e vivencias do peregrino.

O relato terá un máximo de 7 folios (7 x 30 liñas x 70 espazos) e o prazo de presentación de orixinais terminará o día 15 de outubro de 2014, na sede da Asocación Valenciana:

Asociación Amigos del Camino de Santiago de la Comunidad Valenciana
C/ Dr. Gil y Monte, 24 – 1º - 3ª
46007 VALENCIA

Bases