4/Apr/2013

No primeiro trimestre deste ano chegaron a Santiago un 7,7/% máis peregrinos que nos primeiros tres meses do Ano Santo 2010

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, compareceu esta tarde ante a Comisión 6ª de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo. Na súa intervención, Castro recalcou que Galicia ten recibido neste primeiro trimestre de 2013 unha cifra de peregrinos que xa supera nun 7,7% a recibida no último Ano Santo 2010.

No que vai de ano recolleron a Compostela na Oficina de Acollida ao Peregrino en Santiago un total de 9.416 peregrinos, fronte aos 8.691 que chegaran no mesmo trimestre de 2010. Se se ten en conta a cifra de peregrinos recibida no mesmo período do ano pasado, a porcentaxe de incremento ascende ao 42,26%, dado que se recibiran 5.437 peregrinos entre xaneiro e marzo de 2012.