28/Sep/2012

A Asociación de Amigos do Camiño de Santiago de El Bierzo recibe o XVII Premio Elías Valiña

Un comité de expertos no Camiño de Santiago fallou o XVII Premio Elías Valiña, que nesta edición concedeuse á Asociación de Amigos do Camiño de Santiago de El Bierzo. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza estes galardóns que distinguen o traballo de revitalización e promoción dos camiños de Santiago.

O xurado recoñeceu o labor de hospitalidade da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago de El Bierzo, que durante máis de dúas décadas leva xestionando varios albergues de peregrinos e puntos de información. Ademais, esta asociación organiza periodicamente asembleas, congresos e conferencias para difundir a cultura xacobea, así como realizaron varias publicacións e traballos de recuperación de bens patrimoniais.

Asemade, o xurado distinguiu cunha mención especial a Jeannine Warcollier, traballadora da Asociación Francesa de Amigos de Santiago de Compostela, “polo seu infatigable traballo á sombra ao servizo do Camiño de Santiago durante varias décadas”.