18/Sep/2012

Xunta e Concello colaborarán na celebración do 25 aniversario do Camiño como Itineriario Cultural Europeo

O xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, José Paz Gestoso, e máis o alcalde do Concello de Santiago, Ángel Curras, reuníronse na sede do Concello compostelán para abordar asuntos relacionados cos actos de celebración do 25 aniversario da Declaración polo Consello de Europa do Camiño de Santiago como Primeiro Itinerario Cultural Europeo.

No encontro, Paz Gestoso trasladou ao alcalde de Santiago a dispoñibilidade do Xacobeo de apoiar os actos de conmemoración da devandita declaración coa organización, entre outros,  dun seminario de expertos na Ruta Xacobea no que se abordará a evolución do Camiño de Santiago nos últimos 25 anos e que contará coa colaboración do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago.