2/Mar/2012

O Xacobeo participa entre os días 2 e 4 de marzo na feira Reiseliv, unha das maiores do sector turístico de Noruega

A Xunta de Galicia, a través da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, participa entre os días 2 e 4 de marzo na feira REISELIV, en Oslo, unha das maiores do sector turístico de Noruega.  A presenza do Xacobeo prodúcese por medio dun módulo específico propio dentro do stand de 100 m2 de Turespaña, como ben sendo habitual para minimizar custes e acadar sinerxías.  Da importancia deste feira dan conta as cifras da edición do pasado ano 2011:  476 expositores, 6.900 axentes empresariais, 317 xornalistas e 31.374 visitantes.  

Noruega, pese a súa escasa poboación, ocupa na actualidade o posto número 17 na lista de países emisores de peregrinos a Santiago.  Trátase dun mercado en auxe e que como os do resto de países escandinavos o Xacobeo tenta promover e consolidar.