10/Nov/2011

Participación da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo no “III Ciclo Jaca Jacobea”

A participación consistirá na impartición da conferencia “El fenómeno de la revitalización de las peregrinaciones a Compostela”, a cargo de unha investigadora do Xacobeo, que terá lugar o próximo 11 de novembro. O ciclo, que chega a súa terceira edición, transcorre en Jaca entre os meses de setembro e novembro e pretende difundir os valores e a riqueza patrimonial, espiritual e artística do “Primeiro itinerario Cultural Europeo”

Dentro do ciclo “Jaca Jacobea”, que está a celebrar a súa terceira edición nesta cidade aragonesa dende o pasado 23 de setembro, participará a S.A de Xestión do Plan Xacobeo coa impartición, o próximo 11 de novembro, da conferencia “El fenómeno de la revitalización de las peregrinaciones a Compostela”.  Esta conferencia, a cargo da investigadora do Xacobeo Rosa Vázquez, tratará sobre os dous piares sobre os que se asenta a extraordinaria revitalización que están a experimentar as peregrinacións a Compostela e que, ao seu  xuízo, son, por unha banda, a investigación e documentación histórica e patrimonial dos Camiños de Santiago e, por outra, a multiplicación e fornecemento das asociacións xacobeas.

O “III Ciclo Jaca Jacobea” consiste nun denso programa de conferencias e mesas redondas que pretende difundir os valores e a riqueza patrimonial, espiritual e artística do “Primeiro Itinerario Cultural Europeo”.  Clausurarase o día 25 de novembro con unha mesa redonda titulada “Los municipios ante el reto del nuevo peregrinaje” en el que, moderados polo catedrático Domingo Buesa Conde, participarán os alcaldes de Pamplona, Logroño, Burgos  e Astorga xunto co de Santiago, Gerardo Conde Roa.
Todas as conferencias teñen lugar no Salón de Ciento do Concello de Jaca ás 20.00 h.  

+INFO: www.jacajacobea.com